Skip to main content
Lugo

Cortarán mañá a auga en parte da Ronda da Muralla

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Lugo informou á veciñanza de que se producirá un corte no servizo da Rede Municipal de Subministración de Auga previsto para o martes, 10 de outubro.

Esa xornada, o Concello de Lugo procederá a cortar durante a mañá o servizo na Rede Municipal de Subministración de Auga en: Ronda da Muralla, dende a avenida da Coruña ata a rúa Camiño Real.

A Brigada de Augas estima que o servizo quedará restablecido esta mesma xornada.

O Concello pide desculpas á cidadanía afectada polas molestias que lles ocasione este corte de auga.