Skip to main content
Lugo

Lugo acolle un congreso para mellorar as competencias de proxectos socioeducativos

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

A xornada sobre metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas desenvolverase o 16 de outubro, a partir das 9.15 horas, no centro universitario lugués.

A Facultade de Formación do Profesorado celebra o luns 16 Forinnova Lite, unha xornada promovida desde o centro universitario lugués xunto cos grupos de investigación MESTURA e GEFIL da USC, para mellorar e ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos eTwinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas.

A xornada, de carácter totalmente gratuíto para os asistentes, está financiada polo Consello Social, dentro das iniciativas que favorecen a colaboración entre a contorna universitaria e a social a través de accións que contribúan á mellora da calidade do servizo público da educación superior universitaria e ao desenvolvemento social, económico, tecnolóxico, científico e cultural de Galicia. Continúan o universo Forinnova que comezou no ano 2022 co I Simposio sobre formación e innovación.

Forinnova lite pretende ter un carácter eminentemente práctico, concíbense como un espazo para a creación de ideas, o establecemento de sinerxías, o intercambio construtivo de opinións e, por suposto, como un foro para adquirir, mellorar e/ou ampliar competencias a través do coñecemento dos proxectos socioeducativos eTwinning baseados en metodoloxías activas, inclusivas e colaborativas. Haberás un panel de expertos e diversas presentacións de boas prácticas docentes con profesorado español e portugués de diferenets niveis educativos, así como un obradoiro para o deseño de proxectos colaborativos internacionais eTwinning.

A organización deste evento conta co apoio de diversas institucións colaboradoras nacionais e internacionais: UNA (Universidad Nacional de Costa Rica) y de la Escola de Educaçao Superior Paula Frassinetti de Oporto (Portugal). Igualmente, el evento cuenta con importantes instituciones como el Forum Europeo de Administradores de la Educación (FEAE), la Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED-Lugo), Instituto de Ciencias da Educación (ICE), Algar, IES Poeta Díaz Castro, Concello de Lugo y el servicio Nacional de Erwinnig España. Consello de Lugoentre otras (estamos viendo la posibilidad de que pueda colaborar el Centro Autonómico de Formación e Innovación de la Consellería de Educación y algún CFR, así como centros educativos).

Toda a información do evento, que será retransmitido de xeito telemático a través de Teams, pode consultarse neste enlace.