Skip to main content
Lugo

Presentan un libro sobre os espectáculos pirotécnicos en San Froilán

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto co escritor Fernando Arribas, presentaron o 20º tomo da colección O San Froilán dos Devanceiros, a publicación que a área de Cultura realiza anualmente durante a gran festa do outono galego.

O novo libro poderá recollerse nas oficinas da área de Cultura de xeito gratuíto. Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, destacou a colección de libros como “unha serie de libros que repasan a historia da gran festa do outono galego, que tratou xa asuntos de peso nas festas ao longo dos anos como son o cine, Barriga Verde, o polbo ou os Pelúdez, iconos do San Froilán para distintas xeracións”.

O novo libro, titulado Os espectáculos pirotécnicos nas festas de San Froilán de Lugo, recompila a historia dos distintos espectáculos pirotécnicos do San Froilán, achegando unha relación dos responsables da pirotecnia de cada ano e as súas biografías, xunto cunha pequena introducción sobre a historia da pirotecnia na Galiza e en Lugo.