Skip to main content
Lugo

O PP propón a “dignificación” da entrada a Lugo polo barrio da Fervedoira

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

O PP de Lugo propón dignificar a entrada a cidade de Lugo polo barrio Fervedoira, na estrada de Vegadeo e para iso reclaman intervencións básicas de seguridade vial e de mantemento.

Os populares lamentan que este acceso á cidade siga igual que no século pasado lamentando “o abandono por parte do concello, que é titular desta vía dende 2011” criticando que “nin invista para mellorar esta entrada a Lugo, nin tampouco a manteña en boas condicións”.

Como actuacións inmediatas dende o PP e “co ánimo de garantir a seguridade das persoas que circulan a pé e dos conductores que utilizan esta entrada a Lugo”, propoñen a construción de beirrrúas nas zonas nas que sexa posible; a renovación das luminarias xa que a iluminación é escasa; a colocación de sinais cinexéticas xa que neste tramo se produciron algúns accidentes de atropelos de corzos e xabaríns; mecanismos para reducción de velocidade; mellora dos autobuses, con escasas frecuencias e horarios que non se adaptan ás necesidades; maior presenza dado que se trata de zonas consideradas como puntos quentes das okupacións xa que hai varios inmobles deshabitados, e desbroces máis periódicos para evitar que a maleza tape sinais ou que o firme o cubra a vexetación

Esta vía é titularidade municipal a raíz dun convenio asinado no ano 2004 polo Alcalde de Lugo e a Ministra de Fomento Magdalena Álvarez e, posteriormente, a cesión feita oficial en marzo de 2011, mediante unha acta firmada polo Alcalde e polo Xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia