Skip to main content
Lugo

Pechan os parques a última hora da tarde pola previsión de ventos fortes

Por 16 Outubro, 2023Sin comentarios

A área de Transición Ecolóxica e Impulso Rural que dirixe Miguel Fernández informa de que a última hora da tarde procederá a pechar os parques da cidade ante a chegada dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, por choiva e ventos que poden deixar refachos de até 80 km/hora e que afectarán ao centro, montaña e sur da provincia de Lugo a partir da madrugada deste martes.

Dende Transición Ecolóxica explícase que operarios dos servizos municipais procederán a precintar os recintos de Rosalía de Castro, Marcos Cela e A Milgrosa, quedando prohibida a entrada aos mesmos dende ese momento.

Ademais, faise un chamamento á cidadanía para pedirlle que respecten estas limitacións, evitando correr riscos innecesarios para non poñer en perigo a súa seguridade.