Skip to main content
Lugo

Alberto Mancebo presenta o seu novo libro na Librería Trama esta tarde

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

A Librería Trama de Lugo acolle hoxe, ás 19.30 horas a presentación do libro O que me quedaba por dicirche, de Alberto Mancebo.

Na sesión, que se desenvolverá na librería, o autor estará acompañado polo poeta Jesú Castro Yáñez.

A vida de Xoán transcorre nunha especie de entresoño que o obriga a manter unha relación dificultosa e estraña co mundo que o rodea. A súa inusitada beleza, na que todos reparan, e as experiencias que percibe cando adormece, convérteno nun mozo tan peculiar coma a súa familia. Ao pouco de coñecer a Paula, decidida, madura e cunha marcada historia, Xoán descobre unha calma que pouco lle vai durar. Ao mesmo tempo, coa axuda da súa irmá procurará unha peza enquistada do pasado da que aínda quedaban asuntos por resolver. En O que me quedaba por dicirche Alberto Mancebo tece con axilidade e sutileza unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun estraño protagonista co que calquera persoa se podería identificar.