Skip to main content
Lugo

Agromuralla organiza mañá unha charla sobre as repercusións da Axenda 21

Por 18 Outubro, 2023Sin comentarios

A asociación agrogandeira Agromuralla celebra este xoves unha, ás 16:00 horas, no Salón de Actos da Xunta de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla nº 70), sobre como afecta a axenda 2030 á gandeiría e á agricultura.

É unha charla informativa aberta a todas as personas que desexen asistir, incluidos consumidores “que, ó final, serán uns afectados máis das normativas que veñen ou xa están en marcha”, explica a organización.

A ponencia estará a cargo de Víctor Pascual Viciedo Colonques, agricultor castellonense, produtor de cítricos e aguacates.

Tamén é coautor do libro La traición europea, xunto con José Manuel Millet Frasquet.