Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental contará o 31 coa actividade Truco ou Trato

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O Truco ou Trato volve un ano máis ao casco histórico da cidade da man de Lugo Monumental e os 73 puntos de distribución de doces que se poderán consultar, coma é habitual, nun mapa interactivo de Google que a Asociación publicará en próximas datas.

O funcionamento non pode ser máis sinxelo: 73 locais repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tantos establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.

Na web www.lugomonumental.es estarán dende o próximo venres día 27 as instrucións de participación e o enlace a un plano de Google Maps coa situación dos establecementos participantes.

O Truco ou trato será o martes 31 e os horarios serán os de cada establecemento. Entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendan que se disfracen para que se divirtan máis.

Cestas de cabaza e recortables

Tamén se repartirán centos de cestas con forma de cabaza para que os nenos recollan os seus doces. Cada establecemento terá unhas poucas que repartirá ao seu criterio, e do mesmo xeito nesta ocasión repartiranse recortables que conterán a listaxe dos locais participantes.