Skip to main content
Lugo

Iria Castro inaugurou as xornadas de tradición oral da AELG

Por 29 Outubro, 2023Sin comentarios

A deputada de Cultura Iria Castro inaugurou esta mañá a XVI Xornadas de Literatura de Tradición Oral Das regueifas ás musicas actuais: unha viaxe polos mares da canción, organizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O encontro reuniu no Pazo de San Marcos a Sés, Nuno Pico de Grande Amore, O Leo de Matamá, a regueifeira Alba María e a xornalista Marta Veiga Izaguirre, para falar do papel da música como vehículo de expresión e preservación do patrimonio inmaterial.

Na intervención inaugural, Iria Castro parabenizou a AELG pola organización “dunhas xornadas que son en si mesmas unha tradición, e que con dezaseis edicións, teñen situado Lugo como un lugar de referencia á hora de falar de tradición oral” e por incorporar ao debate sobre a conservación do patrimonio inmaterial a artistas que conectan co público a través das letras das súas cancións”.