Skip to main content
Palas de Rei

Os veciños de Gontá poderán gozar dun magosto popular o vindeiro sábado 4 de novembro

Por 9 Outubro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Gontá teñen unha cita o vindeiro sábado 4 de novembro. Nesta data celebrarase un magosto popular, organizado pola Comisión de festas e Amigos e coa colaboración do Concello de Palas de Rei, con xantar e música.

A festa dará comezo ás 13.00 horas cunha sesión vermú. A partir das 14.00 horas terá lugar o xantar popular a base de churrasco, chourizos, liscos, castañas, viño e café. O menú terá un prezo de 15 euros por persoa e será de balde para os nenos e nenas menores de 12 anos.

A partir das 18.00 horas, comeza a sesión de tarde-noite coa actuación de Nanny Romero. Tras un pequeno parón da troula, a partir das 21.00 os asistentes poderán gozar dun descanso e pinchos para logo continuar coa festa.

Os asistentes xa poden anotarse antes do día 26 de outubro no teléfono 639 846 170 (José Doval), 659 196 541 (Gelín), 608 437 179 (Iván), 660 023  192 (Pablo) ou 676 920 427 (JM Teniente).