Skip to main content
Palas de Rei

Palas de Rei acolle unha xornada de sensibilización sobre o turismo como motor económico da comarca

Por 12 Outubro, 2023Sin comentarios

Palas de Rei acolle unha xornada de sensibilización sobre o turismo como motor económico da comarca

Os interesados no turismo teñen unha cita o vindeiro 19 de outubro en Palas de Rei. No Concello organizarase a xornada de sensibilización Desenvolvemento do turismo como motor económico da comarca.

A actividade terá lugar no centro comarcal de Palas e comezará ás 12.00 horas e axuda a poñer en valor o xeodestino Comarca de Lugo – Terras da Ulloa.