Skip to main content
Axenda CaducadaPalas de Rei

Os veciños de Merlán celebran o seu magosto o vindeiro 3 de novembro

Por 22 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Merlán celebrará o seu Magosto o vindeiro 3 de novembro no centro social. A cita contará cunha proposta gastronómica e tamén musical para todos os que se queiran achegar a gozar da xornada.

O comezo será ás 22.00 horas cunha cea popular a base de pinchos e castañas. A partir das 23.00 horas os asistentes poderán gozar coa música do dúo Trasnos.

A festa rematará cun karaoke e unha chocolatada con churros para poñerlle fin a verbena.