Skip to main content
Palas de Rei

A parroquia de San Mamede do Carballal de Palas de Rei celebrará un magosto popular

O vindeiro 11 de novembro celebrarase un magosto popular en San Mamede do Carballal, en Palas de Rei, no que haberá diversas actividades para os veciños e veciñas da parroquia.

Así, o día comezará ás 13.30 horas coa sesión vermú amenizado coa música do Dúo Phantom e o sorteo dun cabrito, seguido do xantar popular ás 14.30 horas, que contará con churrascada, castañas, viño e café.

Pola tarde, as veciñanza poderá desfrutar da festa e ás 21.00 horas haberá pinchos para os asistentes ata ás 22.30 horas, cando volverá o Dúo Phantom a amenizar a festa e verbena.