Skip to main content
Palas de ReiPortomarín

Ruta: De Portomarín a Palas

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

En Portomarín da comezo unha das etapas do Camiño de Santiago Francés, o itinerario xacobeo con maior tradición histórica e que conta cun gran recoñecemento a nivel internacional achegando a Galicia miles de peregrinos cada ano. A cuarta etapa do Camiño dentro de Galicia é a que vai dende Portomarín ata Palas de Rei e conta cun total de 25,1 quilómetros, unha dificultade media e unha duración estimada de case seis horas.

Descendendo o río Miño chegamos a Portomarín onde na actualidade podemos ver o pobo que foi reconstruido a mediados do século pasado tras a creación do embalse de Belesar que permitiría a construción dunha presa para a producción de enerxía eléctrica. Ao novo pobo foron trasladadas pedra a pedra a igrexa románica de San Xoán ou a de San Pedro, así como un arco romano que se atopa na entrada da Vila ou os Pazos de Conde da Maza e Berbeteros.

A igrexa románica de San Pedro é un dos principais atractivos de Portomarín onde destacan a sua fachada ornamentada e a torre do campanario, de visita obrigada para aqueles que realizan o Camiño de Santiago. Ademais da sua beleza exterior esta igrexa conta con valiosas pezas de arte como retablos e esculturas de carácter relixioso. A igrexa de San Xoán, tamén de estilo románico pero de construcción máis moderna, pertenceu a Orde de San Xoán de Xerusalén posteriormente chamada Orde de Malta e de igual maneira merece a pena facer unha pequena visita.

Para dar comezo a esta etapa sairemos de Portomarín cruzando o embalse a través dunha ponte para viandantes, se realizamos esta ruta no verán poderemos ver os restos do antigo pobo. A partir deste momento da comezo unha intensa subida que sigue o percorrido da estrada ata chegar a aldea de Gonzar nun tramo de oito quilómetros e dunha dificultade media alta.

Continuaremos ata chegar a Castromaior, que noutro momento histórico albergou un castro e preto dos restos deste antigo castro podemos visitar a igrexa prerrománica desta aldea. A seguinte parada será Vendas de Narón á que chegaremos a través dunha vía comarcal e que foi escenario no ano 820 dunha encarnizada batalla entre as tropas cristiás e musulmás.

O camiño segue por A Previsa e Os Lameiros onde poderemos visitar a capela de San Marcos para, a continuación, chegar a Ligonde. Este núcleo tivo un importante hospital de peregrinos e a súa arquitectura tradicional é hoxe un dos seus atractivos. Ademais neste pequeno pobo destaca o seu cemiterio xa que os nichos están orientados cara a estrada.

Eirexe, Portos ou Lestedo serán algúns dos seguintes núcleos de poboación que nos atoparemos durante esta etapa. Neste ultimo tramo, antes de chegar a Palas de Rei e lixeiramente afastado do camiño atoparemos o templo románico de Vilar de Donas. Unha igrexa románica do primeiro cuarto do século XIII, declarada monumento histórico artístico e que formou parte do antigo mosteiro alí situado, pertencente á Orde de Santiago. Este templo esta afastado do camiño porque era un espazo para o recollemento e a oración.

Por último continuaremos ata Brea onde nos desviaremos durante un pequeno tramo por un camiño que se une coa estrada xeral ata chegar á localidade de Palas de Rei. No casco urbano desta vila poderemos desfrutar da igrexa de San Tirso e finaliza esta etapa do Camiño de Santiago Francés. riormente chamada Orde de Malta e de igual maneira merece a pena facer unha pequena parada antes de comezar a etapa.