Skip to main content
Portomarín

Portomarín celebra o domingo 5 a VII Ruta da Anguía

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

O domingo 5 de novembro Portomarín acolle a VII Ruta da Anguía organizada polo club ciclista Os Anguías BTT. Este evento deportivo terá a consideración de marcha cicloturista en BTT non competitiva.

Haberá dous percorridos, un de 33 e outro de 44 quilómetros. A saída terá lugar ás 9.30 da praza do Concello ó carón da igrexa de San Nicolás.

O rematar a ruta haberá un avituallamento final con empanadas de anguía e pinchos variados. Tamén terán servizo de duchas, lavado de bicicletas, albergue gratuíto, ambulancia e médico.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 1 de novembro.