Skip to main content
Chantada

O IX Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo acollerá actuacións ata finais de outubro

Por 2 Outubro, 2023Outubro 3rd, 2023Sin comentarios

Este domingo comezou o IX Outono Musical Lourdes Vázquez Ledo organizado pola Banda de Música de Chantada e que se celebra no propio Auditorio Municipal de Chantada ata o vindeiro 21 de outubro.

A primeira das actuacións foi a do ‘Cuarteto Divertimento’, un cuarteto de clarinetes formado por profesores da Banda Municipal da Coruña que fixo encher o auditorio a partir das 19.00 horas.

Pola súa parte, as seguintes actuacións serán o sábado 7, da man de Dúo Senso ás 19.00 horas; o domingo 15 con Dextrum Ensemble, a partir das 19.00 horas; e o sábado 21 da man da Banda Municipal de Chantada tamén ás 19.00 horas.