Skip to main content
Chantada

O auditorio de Chantada acolle a visualización do documental ‘Onde máis doe’

Por 25 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O auditorio de Chantada acolle este venres, 27 de outubro, a proxección do filme ‘Onde máis doe’ a partir das 20.00 horas no marco do ciclo Mestre Mateo, cuxa entrada será de balde e libre ata completar o aforo.

Esta actividade cultural promovida pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, conta tamén co apoio do Concello de Chantada e Airoá Comunicación.

O documental, dirixido por Manane Rodríguez, relata o antes e despois dun caso de violencia vicaria en Galicia, onde un pai mata a paus ao seu fillo depois de ameazar durante anos á súa ex parella, MM.

Así, no documental analízase que move a unha persoa en pleno uso das súas facultades a matar a un fillo e por que o feito de que unha muller non se someta e intente actuar pola súa cuenta pode alentar un castigo tan brutal.