Skip to main content
Chantada

Un novo panel informativo na Torre de Merlán inclúe unha ruta de sendeirismo

Por 27 Outubro, 2023Outubro 28th, 2023Sin comentarios

O lugar da Torre de Merlán, en Chantada, xa conta cun panel informativo que desvela e pon en valor algúns dos recursos patrimoniais máis significativos da parroquia.

Os textos foron redactados en tres idiomas para chegar a un público máis amplo e variado. Os elementos resaltados son a Capela da Torre e o peto de ánimas de 1948.

Ademais, tamén se destaca a senlleira Feira das Cabras e o petróglifo das Lamelas. Precisamente, para chegar a este último o panel dispón dun plano da zona cunha pequena ruta de sendeirismo.