Skip to main content
Chantada

O punto limpo do Concello de Chantada cambia o seu horario semanal

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

Co cambio de hora, o servizo do punto limpo de Chantada pasa a cambiar o seu horario e adaptar o horario de inverno. Deste xeito, aínda que polas mañás seguirá estando en funcionamento de 9.00 a 13.00 horas, no horario das tardes realízase unha modificación.

Ata agora podíase achegar ao servizo de 15.00 a 18.30 horas. Porén desde este luns, o horario será de 14.30 a 18.00 horas.

Aínda que o punto limpo funciona de luns a venres, antes de acudir dende o servizo recomendan chamar ao 670 052 257.