Skip to main content
Chantada

O club de lectura da biblioteca de Chantada retoma os seus encontros con autores

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

Este luns, despois do descanso do verán o club de lectura da Biblioteca Municipal de Chantada organizou a primeira xuntanza desta tempada. O libro elixido para este mes foi Ausentes de Afonso Eiré López.

Afonso, que aclarou moitos aspectos do libro e da emigración en xeral, foi o escritor escollido para protagonizar a primeira xuntanza neste novo curso.

O autor fixo reflexionar aos participantes sobre a emigración, feito que dun xeito ou outro estivo presente nas vidas da maioría dos galegos e tamén dos membros do club de lectura.