Skip to main content
Folgoso do Courel

A veciñanza de Folgoso do Courel poderá pedir axudas económicas para compensar os seus gastos

O Concello de Folgoso do Courel vén de abrir o prazo para solicitar as axudas para material escolar, transporte escolar, apoio á natalidade e celebración de festas parroquiais para os veciños e veciñas do municipio.

Así, tanto as familias como o alumnado empadroado en Folgoso do Courel poderán pedir estas axudas, tanto para compensar o gasto polo material escolar como para pagar o transporte. Ademais, as familias poderán beneficiarse das axudas tamén para apoiar a natalidade.

Pola súa parte, as asociacións de Folgoso do Courel e as agrupacións de persoas que organicen as festas parroquias poderán solicitar tamén axudas para contar con diñeiro e poder celebralas.

O prazo para pedir estas axudas está aberto ata o 15 de novembro e poderase facer na propia casa consitorial do Concello ou a través da súa web.