Skip to main content
Folgoso do Courel

Folgoso do Courel acollerá o segundo faladoiro de ‘Paisaxes intelixentes’

Por 8 Outubro, 2023Outubro 9th, 2023Sin comentarios

‘Paisaxes intelixentes’, os faladoiros de transmisión de coñecemento sobre a produción apícola, celebraron o seu primeiro debate no faladoiro ‘Barreiras de enrada nos mercados apícolas’, onde os participantes tiveron a oportunidade de coñecer experiencias de transformación como a que se está a levar a cabo no Concello da Veiga.

Así, no seguinte faladoiro, que terá lugar o 14 de outubro ás 10.00 horas no locar social Fondo de Vila no Folgoso do Courel, falarase desta vez sobre a estratexia comercial apícola para que os participantes saiban como comercializar o seu produto.

O proxecto ‘Paisaxes intelixentes’ é un proxecto de cooperación Leader que coordinan entre os Grupos de Desenvolvemento Rural de Ribeira Sacra – O Courel, a Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes, o GDR Terras de Compostela, o GDR Costa da Morte e a Asociación Deloa.