Skip to main content
Folgoso do Courel

Eduardo de Martís presenta o seu libro ‘Galicia Latente’ nun acto organizado pola Asociación Fonte do Milagro do Courel

Por 14 Outubro, 2023Outubro 15th, 2023Sin comentarios

A asociación Fonte do Milagro do Courel organiza esta tarde ás 18.00 horas, a primeira presentación do traballo etnográfico de Eduardo de Martís, fotógrafo e escritor do libro Galicia Latente.

Así, a praza da aldea de Vilar será o lugar onde o presidente da asociación, Evaristo Méndez, a zoqueira Elena Ferro, que forma parte do ecosistema de persoas que aparecen no libro, e a veciñanza da zona serán partícipes da presentación do libro, na que haberá, ademais, unha exposición fotográfica, coloquio, a actuación musical do grupo tradicional O Érbedo e petiscos do lugar para rematar a xornada.

“O espazo no que iniciar a andaina pública de Galicia Latente non foi escollido ás toas. Os incendios arrasaron a aldea de Vilar no 2022 e para min ten moito significado presentar aquí este traballo canda á veciñanza”, explica o fotógrafo.

Así, a súa obra Galicia Latente recolle máis de 170 fotografías introducidas por un texto do antropólogo Rafael Quintía e un pequeno prólogo do propio autor. Para construír este retrato da Galiza actual, Eduardo de Martís percorreu máis de 140 puntos da xeografía galega durante os últimos tres anos, dende O Courel ata Vigo, dende Muxía ata Viana do Bolo, en conversa coa xente.