Skip to main content
Folgoso do Courel

O Courel volverá elixir a mellor tapa de castañas na cuarta edición do seu concurso

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Folgoso do Courel convoca a cuarta edición do seu xa tradicional Concurso de Tapas Castaña do Courel, que terá lugar do 27 de outubro ao 3 de novembro. Este ano son sete os locais de hostalaría que presentarán aos asistentes as súas mellores propostas co produto estrela da tempada.

Deste xeito, Casa Ferreiro, o bar Rafael, o restaurante Anduriña, o bar Pombo, a Cova das Mouras, o mesón O Murado e o bar Pepe ofrecerán as súas tapas de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.30. Cada unha delas terá un prezo de dous euros. Trátase dunha cita con gran éxito na zona, pois na pasada edición logrou congregar a uns 1.500 asistentes.

Os premios para esta convocatoria son unha comida para dous no restaurante Regueiro da Cova, unha noite con almorzo na Cabaniña, un descenso do barranco de Eiriz para catro persoas, unha noite para dous en A Carbiña ou unha noite tamén para dous con cea e almorzo en Casas do Comerciante. Entre os agasallos, tamén está o mel O Galeirón, unha peza de ourivería de Susi Gesto e dous lotes de viño de Bodegas EDV.