Skip to main content
Agenda CaducadaFolgoso do Courel

A Festa da Castaña de Folgoso do Courel celebra o 4 de novembro a súa XXXIV edición

Por 23 Outubro, 2023Outubro 24th, 2023Sin comentarios

A XXXIV edición da Festa da Castaña de Folgoso do Courel celébrase o vindeiro 4 de novembro en Seoane do Courel, considerada unha Festa de Interese Turístico e que está apoiada polo Concello, polo Xeoparque, pola Xunta, Pola Deputación de Lugo e por Abanca.

Así, as actividades comezarán ás 12.00 horas coa apertura do recinto e a actuación do grupo Gaitas e Cantores do Courel e terá lugar unha degustación de castañas e viño durante a mañá.

Xa ás 13.00 horas será o momento do pregón da man da cociñeira e presentadora Begoña Vázquez Gago, propietaria do Restaurante Regueiro da Cova de Verín e, xusto despois, terá lugar a entrega de trofeos do IV Concurso de Tapas Castaña do Courel.

Ás 14.00 horas, mentres os participantes degustan as castañas, actuará o grupo Reviravolta e ás 16.30 horas actuará Carmen Penim co contacontos musicado A Fraga de Pasacorrendo.

Por último, para rematar a xornada, ás 18.00 horas o grupo O Recanto e a charanga Nova Terras de Trives amenizarán a tarde con música e, finalmente, ás 20.00 horas, pechará o día a actuación do grupo Gin Toni’s.