Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

Música e poesía na cuarta edición do Eidos de Outono no Courel

Por 24 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O vindeiro sábado 28 Folgoso do Courel acolle a cuarta edición do programa Eidos do Outono, organizado pola Fundación Uxío Novoneyra. A cita comezará ás 10.00 horas cun obradoiro de interpretación de soutos e recollida de castañas no souto da Rubial.

A partir das 12.00 horas, terá lugar a lectura comentada de Os eidos polo poeta Xosé María Álvarez Cáccamo. O concerto de Son de Cortada será ás 13.00 horas coa presentación do traballo Na casa deles, que inclúe poemas de Manuel María, Lorenzo Varela, Pimentel, Darío Xohán, Cunqueiro e Novoneyra.

A partir das 18.00 horas terá lugar a inauguración da exposición Lestrigóns de Jesús Otero-Yglesias, sobre o capítulo 8 do Ulises de James Joyce na casa-Escola de María Mariño.

Os asistentes poderán gozar doutra lectura colectiva de A lús do candil a partir das 18.30 horas polo 120º aniversario de Ánxel Fole. O evento remata coa sesión do Dj Tristón no Hydra Pub a partir das 22.30 horas.