Skip to main content
Axenda CaducadaFolgoso do Courel

Folgoso do Courel acolle unha charla sobre os operativos nos incendios

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O vindeiro 25 de outubro o Concello de Folgoso do Courel acolle un encontro informativo que ten lugar en parroquias de alta actividade incendiaria.

A actividade comezará ás 18.00 horas no salón de actos do Concello. Nela tratarase o operativo na situación de emerxencia e as distintas medidas preventivas a ter en conta na zona urbano-forestal.

Ademais, tamén se falará sobre os protocolos existentes de autoprotección e defensa e sobre os coidados e boas prácticas no monte.