Skip to main content
Monforte

Espera Monforte solicita mellorar a recollida de augas pluviais en Gullade

Por 22 Outubro, 2023Sin comentarios

Frear a tala masiva de frondosas en Distriz e solucionar a problemática na recollida de augas pluviais na baixada do campo da festa en Guillada son as dúas propostas do grupo municipal Esperta Monforte.

O concelleiro Jaime Germán Vázquez, na súa condición de voceiro do grupo do Concello de Monforte de Lemos, presenta a consideración do pleno da corporación municipal arranxar as incomodidades que están a sufrir os veciños do Barrio do Río, onde se asfaltou a estrada que une Gullade coas Nocedas e a Penela cara o Campo da Festa.

O partido alerta de que o pequeno sumidoiro apenas recolle auga, formando unha lagoa diante das casas ás que van a parar as augas que baixan polo camiño das Bolleiras. “Somos conscientes de que quen no seu día mandou asfaltar desta maneira sen deixar sumidoiros para esas augas non pensaba que esta situación se ía producir”.

Os veciños da parroquia presentaron no seu momento queixas no Concello, que derivou a problemática á empresa especializada na xestión da auga, e tamén á Valedora do pobo. Deste xeito, dende Esperta Monforte ssolicítanlle ao Goberno local que faga as xestións necesarias ante os organismos para que se tomen as medidas pertinentes e no menor tempo posible se solucione o problema que estes veciños están a padecer.

A agrupación tamén presentou unha moción contra a tala de máis de 2.000 frondosas en Distriz, nunha área sensible medioambientalmente próxima a Rede Natura 2000 río Cabe. Deste xeito, mostrándose a favor da xestión sostible dos recursos naturais e a preservación das paisaxes rurais, pretenden impedir a actuación e facer chegar esta decisión á Confederación hidrográfica, ao Ministerio de Medio Ambiente e á Consellaría de medio rural.