Skip to main content
A Pobra do Brollón

As Merendas teatrais desenvolveranse durante dous sábados na Pobra do Brollón

O anfiteatro da área recreativa Samugueiros acollerá os vindeiros sábados 14 e 28 de outubro a iniciativa ‘Merendas teatrais’ que organiza o obradoiro de teatro con Merche Pérez.

Durante eses dous sábados, entre as 16.00 e as 18.00 horas, as persoas que queiran achegarse e participar poderán desfrutar dunha tarde para gozar dos afectos, da comunicación, do xogo teatral e dunha merenda que deberán levar esas mesmas persoas.

Esta iniciativa está aberta para familias, amizades e veciñanza en xeral e que poidan gozar do teatro mentres comparten unha merenda cos seus iguais.