Skip to main content
A Pobra do Brollón

As persoas interesadas en coñecer o xacemento Penas do Castelo, poderán facelo o 15 de outubro

O vindeiro domingo, 15 de outubro, terá lugar unha andaina por Salcedo, na Pobra do Brollón, ata o xacemento Penas do Castelo na que se desvelarán descubertas e interesantes informacións da man da veciñanza.

Así, o obxectivo é que as persoas participantes coñezan de preto os traballos de restauración no xacemento de Penas do Castelo a través dunha visita guiada organizada polo Concello e a Xunta de Galicia.

Esta andaina comezará o domingo ás 11.30 horas desde o local multiusos (a nave) de Salcedo e servirá para poñer en valor o proxecto Penas do Castelo – Arqueoloxía de Aldea posto en marcha en 2021 da man da Asociación de Veciños de Salcedo e a Comunidade de Montes da parroquia de Salcedo.