Skip to main content
A Pobra do Brollón

O alcalde da Pobra do Brollón fusilado polo franquismo foi homenaxeado poñendo o seu nome á biblioteca

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, participou na homenaxe realizada a Antonio Reboiro Rodríguez, que foi alcalde da Pobra do Brollón en 1936, e fusilado en 1938 con motivo da represión franquista exercida no pobo.

Neste acto estivo acompañada polo neto do alcalde homenaxeado, Rafael Castillo; a portavoz da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, Carmen García- Rodeja; a escritora, Olga Novo, e o arqueólogo, Xurxo Ayán.

Na súa intervención, a subdelegada manifestou a necesidade de que as vítimas que deixou o franquismo no pobo e na provincia sexan recoñecidos para “pechar feridas que levan moito tempo abertas”. Por iso, reclama a familiares e amigos a loita polo recoñecemento de achegados e amigos para reparar e tratar de minorar as consecuencias dunha inxustiza que aínda están a vivir moitas persoas.

O acto desenvolveuse en dúas partes, na primeira parte entregouse un diploma de recoñecemento e reparación persoal expedido polo Ministerio da Presidencia, Relación coas Cortes e Memoria Democrática. No segundo acto nomeouse á biblioteca municipal como “Antonio Reboiro Rodríguez”.