Skip to main content
A Pobra do Brollón

Yolanda Castaño protagonizará unha charla o xoves na biblioteca municipal da Pobra do Brollón

Por 17 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

A Biblioteca municipal Antonio Reboiro da Pobra do Brollón acolle este xoves, 19 de outubro, unha charla da man da escritora e Premio Nacional de Poesía 2023, Yolanda Castaño.

Nunha charla amena, íntima e empoderadora, aderezada con anécdotas e poemas, Yolanda Castaño contaranos como analizou e superou prexuízos e actitudes patriarcais con enerxía e esperanza, abríndose paso nunha profesión tan machista coma outras como muller, galega e poeta dende tan só 17 anos.

Todas as persoas interesadas en participar poderán facelo a partir das 18.00 horas e de forma gratuíta, xa que a actividade está enmarcada no programa Ler Conta Moito da Xunta.