Skip to main content
A Pobra do Brollón

Apróbase o novo Plan de Igualdade na Pobra do Brollón para o período 2023-2027

Por 20 Outubro, 2023Outubro 21st, 2023Sin comentarios

A Pobra do Brollón vén de aprobar por unanimidade no Pleno municipal o novo Plan de Igualdade co obxectivo de acadar unha sociedade máis xusta e digna. O documento, que foi presentado pola concelleira de Igualdade, Noelia Besteiro Balado, recolle obxectivos e accións a emprender no período 2023-2027 para acadar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes no Concello.

Todas as accións organízanse en catro liñas de intervención: sensibilización da poboación; transversalización da perspectiva de xénero na administración local, no medio rural, no eido cultural, na educación e nas familias; saúde, sexualidade e xénero e a abordaxe integral da violencia de xénero.

Pílula informativa

Nese sentido, preténdese promover e fomentar a perspectiva de xénero e a non discriminación a través de proxectos e programas que favorezan un mellor coñecemento das diversas problemáticas que afectan ao colectivo feminino. Ademais, preténdese informar á poboación e as mulleres dos diferentes recursos en materia de igualdade coa creación dunha pílula informativa.

Mellorarase a formación en materia de igualdade do persoal técnico e político dos diferentes departamentos municipais con formacións e coordinación entre departamentos e promoverase o uso dunha comunicación inclusiva e dunha linguaxe non sexista. Para este obxectivo, elaborarase e difundirase unha guía de linguaxe inclusiva e revisarase a documentación.

Tamén se visibilizará as mulleres rurais e potenciarase a súa participación en todos os ámbitos. En canto á saúde, levaranse a cabo coloquios de saúde feminina e crearase un punto de asesoramento. Para o tratamento da violencia de xénero, consolidarase unha atención integral ás vítimas a través do punto Lilás e con intervencións personalizadas.