Skip to main content
A Pobra do Brollón

Yolanda Castaño rematou a súa charla na Pobra do Brollón “repleta de emoción”

Desde o Concello da Pobra do Brollón valoran moi positivamente o encontro protagonizado pola escritora e galardoada co Premio Nacional de Poesía Yolanda Castaño.

A autora estivo recitando poemas para a cativada no colexio do municio e, pola tarde foi presentada pola poeta guímara Olga Novo e pola concelleira de Cultura, Noelia Besteiro na Casa da Cultura,

Castaño falou dos seus inicios na escritura e dos obstáculos que atopou como poeta muller ao comezar a súa carreira con tan só 17 anos, ata contibuír na actualidade a posicionar a poesía en galego na escena internacional.

A charla da poeta, que se encadrou no programa Ler Conta Moito da Xunta, rematouna “repleta de emoción”, sosteñen desde o Concello, recitando o seu último poemario, ‘Materia’.