Skip to main content
A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón abre o proceso de selección para o novo obradoiro de emprego

Por 24 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha o proceso de selección para o novo obradoiro de emprego 2023-24. Esta iniciativa permite que persoas desempregadas reciban cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo de utilidade pública ou interese social.

A pasada edición do obradoiro dual de emprego 2022-23 centrouse en crear e acondicionar zonas verdes no municipio. O mantemento da área recreativa de Samugueiros e Camiño de Abaixo, incluído plantación de lavanda e árbores e a instalación dun invernadoiro e mantemento das zonas verdes do Centro de Día atópanse entre as actividades que desenvolveron os participantes ao longo do ano que durou o obradoiro.

Ademais, tamén se encargaron do axardinamento e mantemento da zona verde na contorna do pavillón e do grupo escolar, da instalación de bancais na horta escolar, da plantación de froiteiras co alumnado do colexio, do mantemento de rutas de sendeirismo, da plantación de frondosas na área de autocaravanas e do triturado de restos de poda para posterior uso como mantillo para acolchado e para composteiros.

O obradoiro dual de emprego realízase en convenio cos concellos de Bóveda e O Incio e está subvencionado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta.