Skip to main content
Sober

O libro ‘Cancioneiro profano’ será presentado este venres na Casa da Cultura de Sober

A Casa da Cultura de Sober acolle este venres, 6 de outubro, a presentación do libro ‘Cancioneiro profano’ do escritor e autor Xosé Lois García a partir das 20.30 horas da tarde.

O autor do libro estará acompañado polo musicólogo Alfonso Campos, o ilustrador da obra, Xosé Radolfe e o alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián; así como estarán Os Parentes, para amenizar a xornada co acompañamento musical.

Todas as persoas interesadas en participar deste evento poderán facelo, xa que é unha iniciativa organizada polo Concello e a editorial Edicións Fervenza e non ten custo de entrada.