Skip to main content
Sober

Sober acollerá o do 20 ao 21 de outubro o Simposio Internacional de Odontoloxía

Por 4 Outubro, 2023Outubro 5th, 2023Sin comentarios

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, recibiu no Pazo de San Marcos ao presidente do Consello Galego de Odontólogos e Estomatólogos, José María Suárez Quintanilla, e á presidenta do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de Lugo, María Núñez Otero.

Neste encontro abordaron os detalles do Simposio Internacional de Odontoloxía que terá lugar no Concello de Sober os días 20 e 21 de outubro, unha cita que xa conta con 130 inscritos e que reunirá a profesionais e estudantes do sector no hotel Áurea Palacio de Sober.

“É unha oportunidade moi boa para que xente de toda España poida achegarse a coñecer a nosa provincia”, sinalou o presidente.

Trátase dun encontro no que, ademais de charlas e conferencias, os participantes terán tamén a oportunidade de coñecer a comarca coa visita dunha adega e unha viaxe nun dos catamaráns da Deputación.