Skip to main content
Sober

Traballadoras sociais do Concello de Sober impartiron charlas en varios lugares

Por 14 Outubro, 2023Sin comentarios

Este luns 9, as traballadoras sociais do Concello de Sober desprazáronse ata o Centro Penitenciario de Monterroso e tamén ata o Centro de Insersión Social (CIS) da Coruña para impartir unhas charlas educativas.

As exposicións das profesionais estaban relacionadas coa beleza real feminina, temática arredor da que xira a exposición fotográfica Inmarcesibles, que estivo exposta nos dous espazos.

Á charla do CIS tamén acudiu a Subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas López, entre outras representantes locais.