Skip to main content
Sober

A terceira das xornadas do festival Videa Fest Cinema e Viño celébrase en Sober

Por 19 Outubro, 2023Sin comentarios

O Videa Fest, o festival itinerante que mestura gastronomía, arte, cultura, viño, música e cine, chega este domingo 22 a Sober. O Concello acollerá a terceira das xornadas da cita, que terá lugar na Reitoral de Gundivós.

A cita contará coa presenza do oleiro de Gundivós Elías González e do pintor hiperrealista Modesto Trigo. Ademais, o proxecto de José Gil Cinema  achegará algo da historia do cinema galego.

A xornada iniciarase a partir das 10.00 horas cunha visita guiada por Tempos Arqueólogos ao xacemento do hórreo romano de Proendos, así como á igrexa románica e ós petróglifos da zona. A literatura tamén ten un oco na programación, pois presentaranse dous libros de Manolo González: Nos días encantados de agosto e O Benshi de Galicia: o arrebato cinematográfico de Rey Soto. 

Os asistentes poderán gozar dunha cata exclusiva dos viños da Reitoral de Gundivós e da cata maridaxe de Delfín, O Chef do Mar. A música da Banda de Música de Valga acompañará toda a xornada, que rematará co sorteo dunha obra de Elías González.