Skip to main content
Sober

A ximnasia de mantemento e a tonificación compoñen a programación deportiva en Sober

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

Os veciños de Sober contan cunha programación deportiva chea de novas propostas no Concello. Entre as actividades que poden levar a cabo están ximnasia de mantemento, a tonificación e xogos saudables.

Os interesados en facer ximnasia de mantemento poden apuntarse no ximnasia municipal os martes e mércores de 11.00 a 12.00 horas e de 18.00 a 19.00 horas e os xoves de 11.00 a 12.00. Esta actividade tamén se imparte os martes en Neiras  de 16.30 a 17.20 horas, en Anllo de 16.00 a 16.50 e en Rosende de 17.00 a 17.50 horas.

A modalidade de tonificación é de martes a mércores en horario de 20.00 a 21.00 horas. Por outra banda, os máis pequenos tamén teñen unha cita no ximnasio municipal os mércores de 19.00 a 20.00 horas. Neste espazo organízanse os xogos saudables, unha actividade física infantil.

Ademais, os veciños de Sober tamén poden facer uso do ximnasio municipal os martes de 10.30 ás 13.30 horas e de 17.30 ás 21.00 horas e os mércores de 10.30 a 13.30 e de 18.00 a 21.00. Os xoves o horario é de 10.30 horas a 13.30.