Skip to main content
A Pobra do BrollónSober

Sober e A Pobra do Brollón participan nun proxecto para crear comunidades enerxéticas

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

Os concellos de Sober e a Pobra do Brollón participan no proxecto EC4RURAL, unha iniciativa europea que ten como obxectivo crear comunidades enerxéticas. Os representantes dos máis de 20 concellos rurais que forman parte do proxecto reuníronse o xoves cos socios da proposta.

Xunto a estes dous concellos tamén cooperan Becerreá, Muras, Ourol, Palas de Rei e O Valadouro na provincia de Lugo. Todos estes núcleos formarán parte do programa piloto durante os próximos 4 anos para desenvolver modelos de comunidades enerxéticas adaptadas a cada unha das poboacións.

Para esta iniciativa foméntase a colaboración activa da veciñanza, así como das organización locais, de tal xeito que se prevé que as primeiras comunidades enerxéticas boten a andar no 2025.

C4RURAL é unha iniciativa europeo dotada dun presuposto de 1,6 millóns de euros. A proposta, que se fará realidade entre 2023 e 2027, mantén a pretensión de modificar as relación entre entidades rexionais e locais e as comunidades rurais para impulsar a transición cara un consumo consciente de enerxía limpa. Tamén se pretende que as poboacións rurais non quedan atrás nun cambio para modelo necesario no escenario climático actual.