Skip to main content
Taboada

Participantes do curso internacional ‘Connecting Dots for Sustaintable Growth’ visitaron Taboada

Por 22 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

O Concello de Taboada recibiu a case 30 persoas que participan no curso de formación internacional ‘Connecting Dots for Sustaintable Growth’, dirixido a emprendedores rurais en todos os ámbitos.

Segundo o alcalde, Roi Rigueira, foi “unha experiencia moi enriquecedora na que o noso concello colaborou man a man coa Fundación Condado de Taboada, e que serviu para recibir na nosa vila a estudantes de sete países: como España, Portugal, Macedonia, Turquía, Hungría, Rumanía e Italia”, sostivo.

O grupo de estudantes que visitou Taboada, ademais, quedouse a durmir no Pazo de San Pedro e realizaron actividades culturais no Concello, o que “tivo repercusión a nivel socioeconómico para o noso pobo”, explicou o alcalde.

Así, finalizou dicindo que “agardo que sexa a primeira de moitas e que esto sexa o xerme de algo moi positivo para os nosos intereses como concello rural que somos” e explicou que o luns estará en Cambados, “estudando posibles futuras colaboracións e acordos entre as tres entidades que nos permitan avanzar no emprendemento rural”.