Skip to main content
Taboada

A Asociación O Carballo organiza a primeira xornada de iniciación na micoloxía en Taboada

Por 27 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo de Taboada organiza a súa primeira Xornada de iniciación na micoloxía, a nivel de iniciación básica, este 28 de outubro, día no que as persoas participantes estudarán a fondo os fungos.

Así, a experta micóloga chantadesa Olga Otero, labrega chantadesa aficionada á micoloxía e de moi longa experiencia, será a encargada de impartir unha charla teórica a partir das 16.00 horas na Casa da Cultura de Taboada.

A parte práctica da saída de campo para comprobar os aspectos teóricos na vida real non se poderá realizar, xa que os organizadores non atopan un lugar axeitado para levala a cabo por mor das chuvias.