Skip to main content
Taboada

‘Taboada enmeigada’, a actividade do Samaín da Asociación O Carballo, terá lugar este martes

Por 30 Outubro, 2023Outubro 31st, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural O Carballo organiza unha actividade do Samaín para todas as persoas do municipio de Taboada baixo o nome de ‘Taboada Enmeigada’ o vindeiro 31 de outubro.

A partir das 17.00 horas haberá unha escapada tenebrosa polo pobo, haberá tamén un samaín pequeño con xogos, actividades e baile para os pequenos no centro cívico e unha iniciativa gastronómica ‘Doce ou morte’ por establecementos do pobo.

Na actividade, que conta coa colaboración do Concello de Taboada, poderán participar nestas actividades os nenos e nenas de Taboada en grupos de 3 a 6 persoas, aínda que se son de entre 5 e 8 anos deberán ir ademais acompañados por un adulto.