Skip to main content
Cultura SARRIAXASarria

José Ramón Grandas, de Maderas Grandas: “O mellor do traballo é a relación cos clientes”

Por 15 Outubro, 2023Novembro 24th, 2023Sin comentarios

Falamos con José Ramón Grandas López, xerente da empresa Maderas Grandas de Sarria.

Como xurdiu a idea de montar a empresa de Maderas Grandas e en que ano?

Comezaron meus pais cunha pequena carpintería no ano 1992 e a partir de aí xurdiu a idea de montar un almacén para vender materiais tanto para construción como para o resto de ámbitos relacionados co sector da madeira.

Levan 30 anos traballando coa madeira, que é o mellor desta profesión?

O mellor de todo o traballo na empresa é a relación cos clientes, os cales nos levan acompañando nestes 30 anos.

Que tipo de traballos realizan e para que tipo de clientes?

Realizamos todo tipo de traballos relacionados coa madeira, así como vendemos todo tipo de materiais e obxectos de madeira. Entre eles, destacan o subministro de madeira para encofrado na construción. Tamén vendemos todo o necesario para as vivendas unifamiliares e en edificios residenciais, como os premarcos para tabiquería, e armarios portas e tarimas para a finalización de obra.

Os nosos clientes son tanto do ámbito profesional como do particular e realizamos proxectos para organismos oficiais tales como a carpintería en centros de maiores ou o subministro de pavimentos.

Ademais, tamén nos encargamos dos asentos individuais para instalacións deportivas.

Con que maquinaria contan e para que sirve cada unha das ferramentas que utilizan?

Contamos con diversa maquinaria, que abarca desde ferramentas para levar a cabo a transformación de madeira como a que se encarga do corte de taboleiros e canteado. Temos unha canteadora actual que serve para realizar un canteado óptimo e de calidade.

Por outra banda, entre a nosa maquinaria cabe destacar unha moldurera, na cal agargalamos e fabricamos tarimas, tanto de abeto como de pino vermello ou castaño, todo enfocado á construción e restauración.

Tamén contamos cun pantógrafo CNC que serve para cortar metais e no cal mecanizamos portas, marcos, armarios e facemos algúns tipos de formas sobre a madeira.

Que é o que máis destacan do seu traballo para que un cliente confíe no seu servizo en vez de noutra empresa da competencia?

Nós, dende o principio, intentamos que o cliente reciba a mellor atención posible. É unha das cousas máis importantes que a xente que traballa con nós valora. Ademais, o tempo de resposta tanto na fabricación como no servicio tamén é outro dos nosos puntos fortes e polo cal nos elixen.

Despois de tantos anos, que é o máis importante que se aprendeu?

O máis importante que aprendín, tanto eu como a xente que traballa comigo é que o sacrificio sempre ten recompensa. Despois dun montón de horas de traballo, a boa resposta por parte dos clientes fai que todo mereza a pena.

Podería facer unha valoración final do seu traballo?

O meu traballo consiste na dedicación que eu lle teño ao meu traballo, a implicación tanto persoal como profesional nos traballos que levo a cabo, xa que a calidade é o que diferenza os nosos produtos dos outros.

En que zona de actuación traballan?

Subministramos principalmente elementos de maneira arredor de toda a provincia de Lugo, tanto na Mariña lucense como no sur e tamén no centro. Ademais, tamén temos clientes que se atopan nas provincias de Pontevedra e A Coruña, pero a zona de actuación principal é Lugo.