Skip to main content
Láncara

Unha iniciativa para mellorar a vida e o comercio da Pobra de San Xiao, da man dunha veciña

Por 11 Outubro, 2023Outubro 12th, 2023Sin comentarios

Unha veciña da Pobra de San Xiao, en Láncara, vén de propoñer aos veciños e comerciantes da parroquia e capital comercial do municipio que decoren os seus comercios con motivo da festa do Halloween, que ten lugar a finais deste mes.

Así, a idea xurdiu porque “son nova no pobo, pero creo que se poñemos todos un graniño de área podemos intentar levantar A Pobra, que aínda ten moito que ofrecer”, sostivo.

Ademais, di que non só se trataría de decorar os comercios, senón que tamén “estaría ben que se implicase toda a veciñanza, adornando os seus comercios e as súas casas, tanto en portas como en ventas, con motivos da festa do Terror”.

Tamén propón aos veciños que entre os días 30 e 31 de outubro agasallen con caramelos aos nenos e nenas de Láncara, así como se vistan de maneira coherente co día que se vai celebrar”.

Patricia Sánchez, esta veciña recén chegada, quere poñer en valor o comercio local de Láncara, así como crear iniciativas para unir á xente, que celebre as festividades e mellore a vida dos veciños, o que xa convenceu a varios comerciantes para que xa puxeran no seu cristal o cartel da iniciativa.