Skip to main content
Láncara

O Concello de Láncara vén de aprobar adherirse á rede de Cidades e Comunidades Amigables

Por 14 Outubro, 2023Outubro 15th, 2023Sin comentarios

O Concello de Láncara aprobou na última xunta de goberno o acordo de adhesión á rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores que promveu a OMS e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais.

Así, da man da cooperativa Atoupa, o Concello de Láncara promoverá o análise das necesidades, opinións, demandas e propostas das persoas maiores en todos os ámbitos da política local.

Na reunión, ademais de aprobar adherir o Concello de Láncara á Rede de Cidades e Comunidades Amigables coas persoas maiores, tamén se designou a Alba Sangil, concelleira de Desenvolvemento Local, Cultura, Deporte, Medio Ambiente, Participación veciñal e Novas Tecnoloxías, como contacto para coordinar a correspondencia e coordinación coa OMS e outros membros da Rede; e facultouse ao alcalde do Concello de Láncara para formalizar a adhesión e para cantas actuacións de trámite sexan precisas para a mellor execución do acordado.

Agora, só faltaría “cubrir o formulario da rede e que nos digan que todo está ben para poder comezar”, sostivo a concelleira Alba Sangil.