Skip to main content
Láncara

Veciños de varias parroquias de Láncara poderán participar dun debate sobre melloras no municipio

Por 18 Outubro, 2023Outubro 19th, 2023Sin comentarios

O Antigo Centro Médico de Láncara acolle este venres, 20 de outubro, un grupo de debate con persoas de entre 60 e 75 anos que vivan nalgunha das parroquias do municipio, en concreto de A Pobra de S. Xiao, Bande, Muro, Ronfe, Neira, Oleiros, Vilambrán ou Larín.

Así, a partir das 17.00 horas as persoas participantes falarán sobre experiencias positivas e negativas, e propoñerán espazos ao aire libre e edificios, transporte, vivenda, respecto e inclusión social, participación social, comunicación e información, traballo e participación cidadá, servizos sociais e de saúde.

As persoas interesadas en participar nesta actividade, no marco da rede de Cidades e Comunidades Amigables coas Persoas Maiores que promveu a OMS e o Instituto de Maiores e Servizos Sociais; poderán inscribirse chamando ou enviando un whatsApp ao número 672 501 713.