Skip to main content
Láncara

O alcalde de Láncara reuniuse coa Valedora do Pobo para abordar os problemas do transporte público

O alcalde de Láncara, Darío Antonio Piñeiro López, foi recibido en Santiago pola Valedora do Pobo, María Dolores Fernández Galiño nunha reunión na que  abordaron os problemas co transporte público, tanto co metropolitano como co escolar, que están a sufrir os veciños e veciñas de Láncara.

O rexedor agradeceu o tono conciliador e o compromiso da Valedora de tratar de solventar os problemas existentes, xa que desde o Concello levan anos esixindo medidas para paliar estes problemas.

Conta disto deron os grupos políticos do PSOE e do BNG no Parlamento de Galicia, onde pediron “un servizo de transporte público no ámbito rural para o alumnado de etapas de ensino postobrigatorio”, por parte dos nacionalistas, e unha proposición Non de Lei para reclamar á Xunta o reforzo da liña entre Monforte e Lugo, por parte dos socialistas.