Skip to main content
Paradela

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha nova excursión

Por 3 Outubro, 2023Outubro 4th, 2023Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais de Paradela organiza unha nova actividade para finais de outubro, co fin de manter o grupo unido e compartir experiencias.

Desta maneira, os vindeiros 21 e 22 de outubro está previsto que as persoas que queiran poidan apuntarse a unha saída a Xixón e Oviedo.

A saída será o día 21 ás 6.45 horas desde o mercado gandeiro e, despois dunha parada para almorzar, chegarán a Xixón para visitar a cidade.

Xa o día 22 poñerán rumbo a Oviedo, onde desfrutarán dunha visita guiada con panorámica pola cidade e visitarán algúns dos lugares destacados. Concretamente, ao mediodía irán unha típica sidrería para comer o famoso cachopo asturiano e, pola tarde, pasearán durante un anaco para logo volver cara a Paradela de volta.